Listado de novas
Noticia
08 mar 2021
Xa están planificadas para 2021 as probas de constatación da cualificación para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada. Durante este ano realizaranse 6 convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán a partires de finais do mes de marzo. A Resolución desta convocatoria está publicada no DOG núm. 41, do 2 de marzo de 2021. Na convocatoria do pasado mes de decembro inscribíronse un total de 348 persoas, das cales 23 non se presentaron, 250 superaron a proba e 75 resultaron non aptos, cunha porcentaxe de aprobados do 76,9% dos presentados. A maioría dos participantes presentáronse á modalidade de transporte de mercadorías (86,8%).
Noticia
08 mar 2021
A 17ª edición de TRAFIC, organizado por IFEMA, está prevista do 8 ao 10 de xuño de 2021 na Feira de Madrid, coincidindo coa 4ª edición do Foro de medio ambiente e sostenibilidade, no que se integra a 20ª Feira internacional do urbanismo e o medio Ambiente (TECMA). Esta edición contará cun formato máis dixital e interactivo, contando cunha plataforma tecnolóxica que a converterá en Marketplace e rede social profesional, e permitirá a participación online. Este salón dedícase á mobilidade segura e sostible, impulsando a innovación e o desenvolvemento económico e contribuíndo á identificación e divulgación de solución e políticas de Mobilidade. A distribución de ultima milla será un dos eixos, xunto coa xestión do tráfico e as infraestruturas.
Noticia
08 mar 2021
Segundo Adecco Institute, a actividade loxística e do transporte é un vector de crecemento para a economía, que require a adaptación ao entorno dixital para mellorar a súa eficiencia e produtividade. Neste marco, os novos perfís demandados no sector inclúen formación técnica e coñecementos en aspectos como o comercio online, e destreza no ámbito dixital. Os perfís máis buscados na área de loxística e transporte, segundo Adecco Institute, son modo de almacén, carreteiro, xestor de stock, xefe de almacén, manipulador, repartidor, e de técnicos de compras, de importación/exportación, de loxística e de operacións. Estes perfís responden ao crecente peso do e-commerce e da loxística asociada a esta actividade (paquetería, transporte urxente...). En xaneiro de 2020, o sector loxístico sufriu un descenso de afiliación á Seguridade Social do 1%, pero suma aínda un total de 985.512 empregados en España.
Noticia
08 mar 2021
A Confederación española de transporte de mercadorías distribuíu unha circular para facilitar información sobre as medidas adoptadas polos diferentes países europeos, provocadas pola crise de COVID-19. Trátase de información recibida da IRU, a través do seu servizo en liña Flash Info, con información dos países en tempo real sobre o tráfico por estrada, folgas, bloqueos e obras nas vías que afecta ao transporte comercial por estrada. As novidades inclúen os requisitos que teñen que cumprir os condutores profesionais en cada país (probas, tempo máximo de estancia...).
Noticia
08 mar 2021
A Confederación de Empresarios de Pontevedra anunciou a creación da primeira aceleradora de empresas da función loxística e a cadea de subministro, enmarcada no proxecto europeo CoLogistics, e que se denominará CoLogistics Business Accelerator. A iniciativa, financiada por fondos POCTEP, abarcará tanto proxectos en fase semente como en fase inicial para impulsalos e dotalos de estabilidade suficiente para medrar. Trátase dunha iniciativa desenvolta na Eurorrexión, con perspectivas de beneficio para o emprego, o crecemento económico, a innovación na función loxística e a mellora da cadea de subministro. O obxectivo principal da aceleradora é a internacionalización a través do impulso da actividade loxística e a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas, así como impulsar as capacidades organizativas do sistema loxístico Galicia-Norte de Portugal. No proxecto CoLogistics participan o IGAPE, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, o Porto de Vigo, a Associação Empresarial de Portugal, a Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal e a Cámara Municipal de Vila Nova de Famalicão.
Noticia
08 mar 2021
O Presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, na visita ao Porto de Vigo, puxo en valor os proxectos desta entidade en relación cos fondos europeos Next Generation, destacando o proxecto Green Bay, a Lonxa 4.0 e a TITATIS. Neste encontro trasladouse a importancia da Saída sur de Vigo que, unida ao acceso ferroviario a Bouzas permitirá reducir custos de transporte, atraer novos tráficos de carga e descarga, mellorar a conexión coa plataforma loxística Plisan e incrementar a actividade portuaria de Vigo nun 6%.
Noticia
08 mar 2021
Os operadores de transporte ten preocupacións sobre o uso de novos procesos e sistemas para trasladar mercadorías a través da fronteira entre a Unión Europea e o Reino Unido tras el Brexit. Os transportistas TIR, acreditados na UE, o Reino Unido e terceiros países, poden empregar o Convenio TIR para transportar mercadorías cara e desde o Reino Unido, sendo a recomendación da Unión internacional do transporte por estrada (IRU). O Convenio TIR (Transit International Routier) ou réxime TIR é un acordo internacional que permite o transporte de mercadorías por estrada baixo precinto aduaneiro entre dous países asinantes do mesmo. Este procedemento axiliza os trámites nas fronteiras, reduce a carga administrativa para as autoridades aduaneiras e para as empresas de transporte e loxística, reduce os tempos de espera e supón un aforro de custos.
Noticia
08 mar 2021
A partires do 1 de maio de 2021 entra en vigor o Regulamento (UE) 2020/740 do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de maio de 2020, relativo ao etiquetado dos pneumáticos en relación coa eficiencia en termos de consumo de carburante e outros parámetros (que abarca tamén aos pneumáticos de camión), co obxecto de ofrecer aos consumidores unha información máis completa sobre as características dos pneumáticos. Este novo etiquetado será obrigatorio para todos os pneumáticos (agás os recauchutados mentres non se conte con métodos de ensaio adecuados) adquiridos cos vehículos ou instalados posteriormente, incluíndose os pneumáticos de reposto e aplicable en flotas e empresas de transporte. No deseño desta nova etiqueta inclúese información relativa á resistencia á rozadura (consumo de carburante), agarre en superficie mollada, nivel de ruído exterior, adherencia en condicións extremas de neve e xeo, e o código QR para o escaneo de información.
Noticia
08 mar 2021
Portos de Galicia vén de ratificar a súa adhesión ao Clúster da Función Loxística de Galicia, co propósito de contribuír a potenciar o maior aproveitamento das infraestruturas loxísticas da comunidade, entre as que teñen un papel fundamental as do eido portuario. O Clúster da Función Loxística de Galicia naceu coa vontade de impulsar o sector loxístico galego dende dentro, entendendo que o esforzo non só beneficia ás empresas do sector, senón que supón unha vantaxe competitiva para a economía de toda a comunidade. Entre os seus obxectivos destacan a innovación a través da colaboración entre axentes públicos e privados, implantar a loxística 4.0, atraer talento profesional, optimizar as infraestruturas, favorecer a internacionalización e contribuír ao liderado do polo atlántico.