Nova
Noticia
Salón internacional de Mobilidade segura e sostible TRAFIC “Conéctate á nova mobilidade”
08 mar 2021
A 17ª edición de TRAFIC, organizado por IFEMA, está prevista do 8 ao 10 de xuño de 2021 na Feira de Madrid, coincidindo coa 4ª edición do Foro de medio ambiente e sostenibilidade, no que se integra a 20ª Feira internacional do urbanismo e o medio Ambiente (TECMA).

Esta edición contará cun formato máis dixital e interactivo, contando cunha plataforma tecnolóxica que a converterá en Marketplace e rede social profesional, e permitirá a participación online.

Este salón dedícase á mobilidade segura e sostible, impulsando a innovación e o desenvolvemento económico e contribuíndo á identificación e divulgación de solución e políticas de Mobilidade. A distribución de ultima milla será un dos eixos, xunto coa xestión do tráfico e as infraestruturas.