Dámosche a benvida ao Observatorio de Custos de Transportes de Mercancías por Estrada de Galicia

Con esta ferramenta poderás realizar simulacións do custo asociado ao transporte de mercadorías en Galicia, adaptadas ás peculiaridades sectoriais e as derivadas de aspectos singulares, como a nosa xeografía.

Ademais, tamén dispomos de información de utilidade sobre o propio sector de transporte de mercadorías en Galicia.

Realiza as túas simulacións
Selecciona o tipo de vehículo no despregable inferior e poderás realizar a simulación do teu servizo de transporte. Deste modo pódense calcular os custos asociados a cada servizo axustados ás condicións de cada empresa
Déixanos axudarte á xestión da túa actividade
Flota
Dá de alta os teus vehículos e consulta de xeito doado, e en calquera momento, os custos dos servizos con calquera deles
Simulación
Garda as simulacións que fagas para os teus vehículos e accede dende o teu perfil para consultar o seu histórico
Custes
Consulta as simulacións dos teus vehículos e compara os seus custos para unha maior eficiencia na xestión
Quenes somos
Deixa que nos presentemos

A través deste portal, a Xunta de Galicia pon a disposición das persoas e empresas interesadas no transporte de mercadorías unha ferramenta que lles axuda a unha mellor optimización dos custos de explotación.

Ademais, a Xunta de Galicia leva a cabo diversas actuacións dirixidas á mellora da función loxística e da actividade de transporte de mercadorías. Neste portal promoveremos a incorporación de información sobre este tipo de actividades que desenvolve a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

As nosas novas
Noticia
15 mar 2023
O Observatorio do Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, OTRAME, vén de actualizar os prezos asociados ao servizo de transporte co fin de facilitar simulacións sobre o seu custo tanto a empresas, como a profesionais ou clientes destes servizos. Esta ferramenta, impulsada pola Xunta da man do sector, facilita a realización de simulacións sobre o custo asociado ao transporte de distintos tipos de mercadorías, segundo o tipo de vehículo empregado. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizou nos meses de xaneiro e de febreiro de 2023 a actualización anual dos parámetros que inciden nos custos da actividade do transporte por estrada de Galicia, revelándose o tipo de xuro, o custo das peaxes e a disolución de urea como os indicadores que sufriron unha maior variación de prezo. Deste xeito, segundo os datos do Observatorio do Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, nos últimos doce meses triplicouse o custo do financiamento, sendo máis acusado desde xullo de 2022. En concreto, de decembro para xaneiro o tipo de xuro incrementouse en máis dun 6 %. Ademais, aínda que a Xunta conxelou as peaxes das autoestradas autonómicas, a suba das tarifas das autoestradas estatais AP-9 e da AP-53 nun 4 %, aprobada polo Goberno de España, obrigou a unha revisión á alza deste parámetro. O terceiro parámetro que sufriu unha maior variación anual é a adquisición da disolución de urea, comercializada baixo distintas marcas, e empregada para a redución de emisións de gases nocivos, que incrementou o seu prezo en máis dun 65 % para situarse en torno a 1 euro por litro, sen IVE. A Consellería, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, actualiza mensualmente os datos con maior variabilidade, como o prezo do carburante ou o tipo de xuro, e anualmente avalía os parámetros máis estables, como a ITV, o imposto de circulación IVTM ou as peaxes. O Observatorio de custos de transportes de mercadorías por estrada de Galicia, que entrou en funcionamento no ano 2020, conta con información actualizada que permite calcular as tarifas asociadas a 18 modalidades de actividades diferentes, desde os transportes de carga xeral en diferentes tipos de vehículos, a transportes frigoríficos, portavehículos, portacontedores, graneis, cisternas, obra, transporte de animais vivos, de mercadorías perigosas ou transporte en furgoneta, entre outros. Esta ferramenta ofrece ás empresas a posibilidade de realizar simulacións partindo dos custos previstos con carácter xeral para un determinado transporte ou personalizar esta información, adecuándoa á súa situación concreta ou ao tipo de vehículo que empregan para desenvolver a súa actividade. Adicionalmente poden realizar cálculos personalizados indicando a orixe e o destino dos seus servizos, xa que se incorporou á aplicación a funcionalidade de cálculo de rutas e tempos de percorrido. O Observatorio mantén actualizadas variables como o custo dos carburantes, da man de obra e outros parámetros necesarios para o cálculo correcto do que pode supoñer un servizo de transporte. A Xunta creou o Observatorio de custos de transportes de mercancías por estrada de Galicia e impulsou a aplicación web para poñer ao servizo do sector unha ferramenta que lles achega información contrastada do custo real que supoñen os servizos de transporte, facilitando, tanto ás empresas como ao resto de operadores que contratan estes servizos, simulacións dos importes asociados á prestación destas actividades. Pódese acceder a este observatorio a través do seguinte link: https://observatoriotransporte.xunta.gal/otrame
Noticia
09 mar 2023
A Asociación de Fabricantes e Distribuidores presentou os resultados do Barómetro Lean&Green no que se destaca a importancia da xestión ambiental nos procesos loxísticos das empresas. Os principais focos das estratexias sostibles das empresas sitúanse na redución de emisións, a xestión do transporte e a xeración de residuos e a súa reciclaxe. A sustentabilidade no transporte é unha prioridade para as grandes empresas consumidoras, sinalando que o 83% delas dispón de sistemas para medir a súa pegada de carbono no transporte de mercadorías. Nove de cada dez empresas de transporte e loxística apostarán pola optimización dos procesos loxísticos para reducir as emisións, mentres que tres quintas partes apostarán polo transporte colaborativo e o investimento en dixitalización. Hai incerteza á hora de definir que accións adoptarán a longo prazo as empresas para reducir as emisións entre a aposta por renovar a súa flota cara a camións con hidróxeno e a que considera que a tecnoloxía do futuro para o transporte de mercadorías será eléctrica.
Noticia
09 mar 2023
Segundo os datos da ANFAC, durante o ano 2022 matriculáronse en Galicia 1.319 vehículos industriais e autobuses, e 3.358 vehículos comerciais lixeiros. A nivel español, rexistrouse un incremento das matriculacións de vehículos industriais do 12,7% mentres que o número de matriculacións de vehículos comerciais lixeiros descendeu un 21,3% en 2022 con respecto ao ano anterior. A pesar da incerteza económica, o mercado de vehículos comerciais de máis de 3,5 toneladas creceu en 2022. En canto ao transporte de mercadorías, cómpre salientar que a matriculación de tractoras creceu un 16,4% e os vehículos industriais pesados ​​de máis de 16 toneladas un 13,6%. Segundo ANFAC, os modelos máis vendidos, a nivel estatal, son IVECO S-WAY, VOLVO GAMA FH, MERCEDES GAMA ACTROS, DAF GAMA FT, RENAULT TRUCKS GAMA T, SCANIA SERIE R e MAN SERIE TGX.