Nova
Noticia
Guía sobre as medidas tomadas polos países europeos por motivo da pandemia
08 mar 2021
A Confederación española de transporte de mercadorías distribuíu unha circular para facilitar información sobre as medidas adoptadas polos diferentes países europeos, provocadas pola crise de COVID-19.

Trátase de información recibida da IRU, a través do seu servizo en liña Flash Info, con información dos países en tempo real sobre o tráfico por estrada, folgas, bloqueos e obras nas vías que afecta ao transporte comercial por estrada.

As novidades inclúen os requisitos que teñen que cumprir os condutores profesionais en cada país (probas, tempo máximo de estancia...).