Portos de Galicia adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia
08 mar 2021
Portos de Galicia vén de ratificar a súa adhesión ao Clúster da Función Loxística de Galicia, co propósito de contribuír a potenciar o maior aproveitamento das infraestruturas loxísticas da comunidade, entre as que teñen un papel fundamental as do eido portuario.
O Clúster da Función Loxística de Galicia naceu coa vontade de impulsar o sector loxístico galego dende dentro, entendendo que o esforzo non só beneficia ás empresas do sector, senón que supón unha vantaxe competitiva para a economía de toda a comunidade.
Entre os seus obxectivos destacan a innovación a través da colaboración entre axentes públicos e privados, implantar a loxística 4.0, atraer talento profesional, optimizar as infraestruturas, favorecer a internacionalización e contribuír ao liderado do polo atlántico.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024