Nace a CoLogistics Business Accelerator para impulsar o emprendemento da Eurorrexión
08 mar 2021
A Confederación de Empresarios de Pontevedra anunciou a creación da primeira aceleradora de empresas da función loxística e a cadea de subministro, enmarcada no proxecto europeo CoLogistics, e que se denominará CoLogistics Business Accelerator.
A iniciativa, financiada por fondos POCTEP, abarcará tanto proxectos en fase semente como en fase inicial para impulsalos e dotalos de estabilidade suficiente para medrar. Trátase dunha iniciativa desenvolta na Eurorrexión, con perspectivas de beneficio para o emprego, o crecemento económico, a innovación na función loxística e a mellora da cadea de subministro.
O obxectivo principal da aceleradora é a internacionalización a través do impulso da actividade loxística e a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas, así como impulsar as capacidades organizativas do sistema loxístico Galicia-Norte de Portugal.
No proxecto CoLogistics participan o IGAPE, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, o Porto de Vigo, a Associação Empresarial de Portugal, a Administración do Sistema portuario do Norte de Portugal e a Cámara Municipal de Vila Nova de Famalicão.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024