Nova convocatoria dos exames do CAP
08 mar 2021
Xa están planificadas para 2021 as probas de constatación da cualificación para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.
Durante este ano realizaranse 6 convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán a partires de finais do mes de marzo.
A Resolución desta convocatoria está publicada no DOG núm. 41, do 2 de marzo de 2021.
Na convocatoria do pasado mes de decembro inscribíronse un total de 348 persoas, das cales 23 non se presentaron, 250 superaron a proba e 75 resultaron non aptos, cunha porcentaxe de aprobados do 76,9% dos presentados. A maioría dos participantes presentáronse á modalidade de transporte de mercadorías (86,8%).

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024