Listado de novas
Noticia
09 dec 2020
O Real Decreto 971/2020, de 10 de novembro, modifica o Regulamento Xeral de Condutores no referente á idade mínima para conducir camións e autobuses, que se establece en 18 anos para os camións, unha vez o aspirante supere o Certificado de aptitude profesional (CAP) inicial de 280 horas de duración. Esta modificación supón unha adecuación do citado regulamento á regulación europea marcada pola Directiva 2018/645 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de abril de 2018, relativa á cualificación inicial e á formación continua dos condutores de vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, y a directiva 2006/126/CE do Parlamento Europeo y do Consello, de 20 de decembro, sobre o permiso de condución. A modificación do Regulamento Xeral de Condutores equipara as idades mínimas para a obtención das distintas clases de permiso de condución coas establecidas para obter o certificado o certificado CAP correspondente. O decreto tamén amplía de 3.500 kg a 4.250 kg o peso das furgonetas que se poden conducir no territorio nacional co permiso B para o transporte de mercadorías, si o incremento se debe aos novos sistemas de propulsión eléctricos.
Noticia
04 nov 2020
O Plan de rescate da Xunta está dirixido a máis de 30.000 autónomos e máis de 10.000 microempresas e ten como obxectivo manter a súa actividade económica. Estas axudas están dirixidas ás actividades económicas máis afectadas polas medidas sanitarias, entre as que se encontra o transporte terrestre. A primeira liña de axudas está dirixida a traballadores por conta propia que, cumprindo determinados requisitos, se comprometan a manter a actividade e o emprego como mínimo durante 3 meses. A segunda liña de axudas está dirixida a microempresas e traballadores autónomos con persoal contratado ao se cargo e que, desde a declaración do estado de alarma teñan ou tivesen autorizado un ERTE pola COVID-19; sempre que declaren perdas iguais o superiores ao 50% respecto ao mesmo período do ano anterior. Estas axudas complementarán ás prestacións do Estado por cese de actividade a consecuencia da pandemia da COVID-19 ao amparo do Real Decreto – Lei 20/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
Noticia
04 nov 2020
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou a sede da Asociación de Empresarios do Transporte de Pontevedra (Asetranspo) no marco da rolda de contactos iniciada pola representante autonómica tras a súa toma de posesión cos axentes sociais e económicos da área. Tras unha visita ás instalacións, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de reunirse con parte do equipo directivo da asociación e escoitar algún dos asuntos que preocupan á organización empresarial que, tal e como recordou a delegada, aglutina a un nutrido grupo de empresas do transporte de mercadorías por estrada.
Noticia
04 nov 2020
Unha quinta parte dos 11.548 condutores de camións controlados pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil, entre o 12 e o 18 de outubro, foron denunciados por distintas infraccións. Un total de 973 condutores de camións foron denunciados por infraccións relativas aos tempos de condución. Un exceso no tempo de condución pode xerar fatiga e distraccións, aumentando o risco de sufrir ou provocar un accidente. A Dirección Xeral de Tráfico recorda que 37 persoas ocupantes de camión faleceron en vías interurbanas no que levamos de ano, polo que se deben extremar as precaucións. Ademais, 468 camións presentaban irregularidades administrativas na documentación requirida, 352 camións tiñan exceso de peso ou mala disposición da carga, 190 camións foron sancionados por cuestións relacionadas co tacógrafo e 84 condutores foron sancionados por non facer uso do cinto de seguridade. Na citada semana, 42 camións foron inmobilizados por diferentes motivos que impedían continuar a súa traxectoria ao non reunir os requisitos para realizalo con seguridade.
Noticia
04 nov 2020
As asociacións implicadas na cadea de subministro veñen de elaborar unha enquisa para coñecer o grao de implantación do documento electrónico de transporte (DET) e os posibles obstáculos que impiden o seu uso xeneralizado. O resultado desta iniciativa facilitará coñecer as necesidades e dúbidas que teñen os transportistas para vencer a inercia e mellorar a implantación do DET. A reunión do grupo de traballo para impulsar a dixitalización do transporte de mercadorías constatou a necesidade de conseguir un uso amplamente estendido do DET que, pese ás vantaxes que aporta en termos de eficacia operativa e aforro de custos, no encontra a implantación desexable. Este cuestionario está accesible en www.somosdigitales.info
Noticia
06 out 2020
Do 16 ao 22 de setembro de 2020 desenvolveuse a Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Unión Europea que, baixo o lema “Mobilidade sen emisións para todos”, mostra os ambiciosos obxectivos en materia de emisións de carbono e a importancia da accesibilidade ao transporte de cero emisións nun marco inclusivo. A Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC) manifestou o seu compromiso cos obxectivos de descarbonización e mobilidade sostible e libre de emisións desenvolvendo un webinar sobre as políticas de mobilidade tras a COVID-19. Neste encontro tratáronse temas relativos ás esixencias sanitarias, novas tendencias de mobilidade, obxectivos de descarbonización, mellora da calidade do aire e desconxestión do tráfico.
Noticia
06 out 2020
O principal operador postal belga Bpost incorpora remolques de dous andares (DDT) para o transporte de paquetería, incrementando un 60% a capacidade transportada nunha soa viaxe e reducindo os viaxes e a presenza de camións na estrada. Ao tratarse de vehículos que funcionan con gas natural licuado, a iniciativa supón tamén unha redución das emisións e un impulso ao transporte sostible. Os DDT teñen 4 metros de altura e 13,6 metros de lonxitude, con 1,8 metros de altura en cada andar.
Noticia
02 out 2020
Os días 22, 23 e 24 de setembro tivo lugar o Green Gas Mobility, un encontro promovido por Gasnam, co apoio de Enagás, BP, Iveco e SEAT, e focalizado no emprego do gas natural, o biometano e o hidróxeno no transporte. Tratouse dun evento de mobilidade celebrado on line, no que participaron representantes do sector do gas natural e as enerxías renovables para debater sobre os retos enerxéticos e climáticos aos que se enfronta o sector do transporte, presentando tamén experiencias de uso destas enerxías no transporte que contribúen a acadar os obxectivos climáticos e mellorar a calidade do aire.
Noticia
02 out 2020
Esta aplicación, que foi deseñada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19), xa está operativa en Galicia e na maioría de comunidades autónomas de España. Radar COVID emprega tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo para identificar ás persoas (teléfonos móbiles) que estiveron preto nos últimos 14 días e comunicarlles de forma anónima un diagnóstico positivo. O cidadán debe descargar e ter a aplicación operativa, comunicar a través dela si ten un diagnóstico positivo de COVID-19 e consultar nela si tivo contacto cunha persoa infectada que o reportase.