Redúcese a idade mínima de 21 a 18 anos para conducir camións
09 dec 2020
O Real Decreto 971/2020, de 10 de novembro, modifica o Regulamento Xeral de Condutores no referente á idade mínima para conducir camións e autobuses, que se establece en 18 anos para os camións, unha vez o aspirante supere o Certificado de aptitude profesional (CAP) inicial de 280 horas de duración.
Esta modificación supón unha adecuación do citado regulamento á regulación europea marcada pola Directiva 2018/645 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de abril de 2018, relativa á cualificación inicial e á formación continua dos condutores de vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, y a directiva 2006/126/CE do Parlamento Europeo y do Consello, de 20 de decembro, sobre o permiso de condución.
A modificación do Regulamento Xeral de Condutores equipara as idades mínimas para a obtención das distintas clases de permiso de condución coas establecidas para obter o certificado o certificado CAP correspondente.
O decreto tamén amplía de 3.500 kg a 4.250 kg o peso das furgonetas que se poden conducir no territorio nacional co permiso B para o transporte de mercadorías, si o incremento se debe aos novos sistemas de propulsión eléctricos.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024