Nova
Noticia
A implantación do documento electrónico de transporte a estudo
04 nov 2020
As asociacións implicadas na cadea de subministro veñen de elaborar unha enquisa para coñecer o grao de implantación do documento electrónico de transporte (DET) e os posibles obstáculos que impiden o seu uso xeneralizado.

O resultado desta iniciativa facilitará coñecer as necesidades e dúbidas que teñen os transportistas para vencer a inercia e mellorar a implantación do DET.

A reunión do grupo de traballo para impulsar a dixitalización do transporte de mercadorías constatou a necesidade de conseguir un uso amplamente estendido do DET que, pese ás vantaxes que aporta en termos de eficacia operativa e aforro de custos, no encontra a implantación desexable.

Este cuestionario está accesible en www.somosdigitales.info