31 xul 2020
A Xunta de Galicia concede axudas a 11 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, cun investimento de 400.000 euros.
O DOG Núm. 148 publica a Resolución do 14 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan estas axudas e se establecen as bases reguladoras.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue mellorar as capacidades do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial; así como a capacitación profesional, incluíndose tamén os cursos para obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP).
Estas axudas concédense aos plans formativos que conseguiron mellores valoracións conforme a criterios establecidos como a representatividade, o ámbito, o menor custo ou a promoción do idioma galego.
Así dáse continuidade á formación equivalente realizada en 2019, que abarcou 158 cursos con un total de 2.435 beneficiarios.
30 xul 2020
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade encomendou á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión de carácter técnico para a licitación e execución do contrato de Servizo relativo ás actuacións necesarias para a aprobación da Estratexia galega de mobilidade, conforme recolle o DOG Núm. 133, do 6 de xullo de 2020,
Esta estratexia deberá contribuír a acadar unha rede de transporte e de infraestruturas moderna, eficiente, ordenada e sostible, que responda ás necesidades reais da mobilidade dos cidadáns e incremente a competitividade económica da comunidade.
Enmárcase nas medidas planificadas pola Xunta de Galicia para impulsar a reactivación e dinamización económica a través das infraestruturas e da promoción dunha mobilidade segura.
A súa elaboración abordará a diagnose da situación actual, contemplará a análise big data da información dispoñible, incluirá a xeorreferenciación e modelización da información de demanda e estará sometida a consulta pública para que os cidadáns, administración e organismos interesados poidan participar.
14 xul 2020
A Estratexia integral de optimización loxística de Galicia (EIOLG) establécese como a folla de ruta que mobilizará máis de 20 millóns de euros ata 2022 para facer da loxística un factor de converxencia territorial e de competitividade industrial.
Integrada na Axenda da Competitividade de Galicia encarando a nova loxística 4.0, a EIOLG favorecerá o desenvolvemento dos sectores estratéxicos galegos e o aproveitamento da destacable rede de infraestruturas de calidade e nodos loxísticos.
Foi aprobada no Consello da Xunta no pasado mes de novembro e presentada en el mes de decembro, abríndose á colaboración público-privada a través de distintas canles de participación.
Infórmate e participa en http://www.estratexialoxistica.gal/estratexia-loxistica-de-galicia/
14 xul 2020
A Xunta de Galicia aborda cos empresarios de Pontevedra o estudo que acredita que a Saída Sur de Vigo aumentaría un 6% a actividade do porto e xeraría 528 millóns de euros.
A Saída Sur de Vigo é unha infraestrutura estratéxica para a competitividade da cidade, para o porto, para o sur da provincia e, por extensión, para toda Galicia.
O estudo custo-beneficio realizado pola Xunta determina que o proxecto da Saída Sur e a conexión coa terminal de Bouzas, que suporá un investimento de arredor de 496 millóns de euros, é sostible desde o punto de vista económico e rendible desde o punto social, e terá un forte impacto sobre o emprego e sobre o PIB, tanto durante a súa fase de construción como durante a explotación.
14 xul 2020
Para a resolución das controversias contractuais en materia de transporte de mercadorías e de viaxeiros, na Comunidade Autónoma de Galicia cóntase cun órgano arbitral, a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, que escoita ás partes e resolve a súa controversia mediante un laudo arbitral.
Tanto os profesionais do sector como as persoas consumidoras e usuarias poden empregar esta vía para resolver reclamacións relativas ao impagamento de servizos de transporte, danos ou perdas de vultos e/ou equipaxes, cobros excesivos...
Máis información en www.xunta.gal.
14 xul 2020
A Xunta de Galicia e o Clúster da Función Loxística de Galicia coincidiron en poñer en valor a colaboración pública-privada para a recuperación económica de Galicia, no marco dun encontro dixital celebrado o pasado 18 de xuño.
Este encontro puxo o foco na dixitalización nos procesos loxísticos das empresas, a loxística urbana ou de última milla e a eficiencia loxística nun contexto internacional de incerteza pola crise sanitaria actual.
14 xul 2020
Un estudo realizado pola Universidad de Valencia e Fesvial, coa colaboración de Fenadismer, abordou os problemas, riscos e accidentes no transporte profesional relacionados coa COVID-19.
Os máis de mil condutores do transporte de mercadorías por estrada de toda España enquisados a finais de maio e principios de xuño puxeron o foco no aumento da accidentalidade vial e da gravidade dos sinistros, a falla de recoñecemento e as condicións laborais.
O estudo está dispoñible na web de Fesvial.