Nova
Noticia
Deseño das actuacións da nova Estratexia galega de mobilidade
30 xul 2020
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade encomendou á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión de carácter técnico para a licitación e execución do contrato de Servizo relativo ás actuacións necesarias para a aprobación da Estratexia galega de mobilidade, conforme recolle o DOG Núm. 133, do 6 de xullo de 2020,
Esta estratexia deberá contribuír a acadar unha rede de transporte e de infraestruturas moderna, eficiente, ordenada e sostible, que responda ás necesidades reais da mobilidade dos cidadáns e incremente a competitividade económica da comunidade.
Enmárcase nas medidas planificadas pola Xunta de Galicia para impulsar a reactivación e dinamización económica a través das infraestruturas e da promoción dunha mobilidade segura.
A súa elaboración abordará a diagnose da situación actual, contemplará a análise big data da información dispoñible, incluirá a xeorreferenciación e modelización da información de demanda e estará sometida a consulta pública para que os cidadáns, administración e organismos interesados poidan participar.