A Xunta xa concedeu 2,3 M€ en axudas para a transformación de frotas de transporte
25 ago 2022
A principios de xullo, a Xunta xa concedeu axudas por importe de 2,3 millóns de euros para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos, acadando xa máis do 40% do orzamento total, que ascende a 12,5 millóns de euros.
O prazo de presentación de solicitudes estará vixente ata o 30 de abril de 2024, excepto o das axudas para infraestruturas de recarga, que rematará o 31 de decembro de 2023.
O Goberno galego destina ata o ano 2024 un orzamento de 12,5 M€ a incentivos para a transformación de vehículos de transporte de viaxeiros e de mercadorías. Ademais do achatarramento, subvenciónase a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou a implantación de infraestruturas de recarga eléctrica. Trátase de favorecer a xeración de emprego indirecto en fabricación de vehículo e incidir na diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
As subvencións vanse outorgando a medida que se van presentando as solicitudes e ata esgotar a dotación orzamentaria.
Desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes, o 2 de abril de 2022, ata o día 1 de xullo de 2022 recibíronse un total de 498 solicitudes. Dentro das peticións de achatarramento, inclúense máis de 900 vehículos, para os que se prevé levar a cabo esta actuación nos vindeiros meses.
O Executivo autonómico ten analizado e contestado máis de 400 consultas nestes primeiros tres meses de aplicación da orde.
As persoas interesadas poden acceder a dita orde de axudas no Diario Oficial de Galicia do 1 de abril de 2022. No seguinte enlace pode consultarse toda a información: https://bit.ly/3tV8vS2 Tamén teñen á súa disposición unha conta de correo electrónico á que dirixir calquera consulta ou aclaración subvencionsfrota.mobilidade@xunta.gal.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024