Axudas da Xunta para paliar o impacto da suba do carburante no transporte de viaxeiros
22 xuñ 2022
Santiago de Compostela, 22 xuño de 2022
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, destacou hoxe as axudas que ten activas o Goberno galego, de 3,5 M€, para paliar o impacto da suba do carburante no transporte interurbano de viaxeiros e urxiu ao Goberno de España a adoptar medidas inmediatas no sector do transporte de mercadorías, de competencia directa estatal.
En resposta a unha pregunta no marco da Comisión 2ª do Parlamento galego, o director xeral de Mobilidade explicou que, para frear o impacto do encarecemento excepcional dos combustibles, a Xunta aprobou no mes de marzo unha liña de axudas directamente vinculadas ao prezo do gasóleo dotada con 3,5 millóns de euros.
Trátase de incentivos cos que o Goberno galego garante o equilibrio das concesións de transporte público interurbano de viaxeiros, de competencia autonómica, asegurando a prestación dun servizo esencial á cidadanía e o emprego no sector.
Ignacio Maestro explicou que, a través destas axudas, a Xunta achegou xa case 500.000 euros de liquidez ás empresas para aliviar o déficit xerado polo aumento do gasto en combustible desde o mes de xaneiro ata a abril. Concretou que estes incentivos chegan a supoñer unha inxección de liquidez de ata 8.000, 10.000 ou 28.000 euros mensuais, segundo os quilómetros percorridos por cada concesión.
Avanzou, ademais, que nos próximos días a Xunta liquidará a axuda correspondente ao mes de maio, por importe de 200.000 euros.
Ignacio Maestro puxo en valor todo o traballo realizado polo Goberno galego para compensar a caída drástica da demanda e dos ingresos no transporte interurbano de viaxeiros: durante o ano 2020 adiantando ás empresas concesionarias os cartos do fondo covid-19 estatal, que o Goberno de España non repartiu ás comunidades ata o mes de novembro; ao longo do ano 2021, con máis de 12 M€ de fondos propios, en compensación pola caída dos ingresos; e neste 2022 coas axudas de 3,5 M€ habilitadas para frear o impacto do encarecemento dos carburantes no sector do transporte interurbano de viaxeiros.
O director xeral de Mobilidade subliñou a determinación da Xunta para activar mecanismos ante a escalada do prezo dos carburantes no ámbito das súas responsabilidades directas, no transporte interurbano de viaxeiros por estrada; e tamén poñendo solucións enriba da mesa no sector do transporte de mercadorías, de competencia directa do Goberno central.
A este respecto urxiu ao Goberno central que aplique xa as rebaixas fiscais comprometidas ao sector de mercadorías para evitar que os transportistas inicien un novo paro que aboque a un colapso na actividade e que suporía graves consecuencias nos sectores produtivos.
Pediu que “por unha vez, o Goberno demostre iniciativa na busca de solucións a medio e longo prazo”, a través da baixada de impostos e negociando coa Comisión Europea a suspensión excepcional e temporal dos tipos mínimos do imposto especial dos hidrocarburos, para poder limitar dunha forma importante o seu impacto no prezo dos combustibles.
En contraposición, salientou a actitude proactiva da Xunta na busca de solucións e adiantou que, esta mesma mañá, se celebrará unha nova xuntanza co sector do transporte e da loxística para consensuar as actuacións prioritarias que faciliten o funcionamento harmónico e permanente da cadea loxística en Galicia.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024