Nova
Noticia
Enquisa a profesionais do sector do transporte sobre áreas de descanso e servizo de Galicia
16 mai 2022
A Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está realizando un estudo para coñecer as necesidades do sector do transporte en Galicia respecto das áreas de descanso e servizo.

Entre os días 9 e 24 de maio un equipo de enquisadores recorrerán diferentes zonas e áreas de descanso para recoller a opinión dos profesionais do sector do transporte.

Tamén poden participar cumprimentando un cuestionario web accesible desde a imaxe QR axunta. Neste cuestionario poden valorar aspectos como a seguridade, a limpeza, os aseos e duchas, o aparcadoiro, a cafetería, máquinas expendedoras e comida, e o aloxamento; así como engadir calquera observación que se considere oportuna.

A participación dos profesionais nesta enquisa permitirá coñecer, de primeira man, as necesidades e dificultades reais do sector sobre as áreas de descanso e servizo.