Análise das peaxes das autopistas existentes en Galicia
10 mai 2022
A Xunta subliña que as peaxes da AP-9 foron as que máis subiron este ano en España e pide que se destine á AP-53 o diñeiro que non está a aproveitar das bonificacións previstas para a Autopista do Atlántico.
A autoestrada que une Santiago de Compostela e o Alto de Santo Domingo (AP-53) é a máis cara de Galicia, alcanzando unha media de 7,77 céntimos por quilómetro.
O Goberno galego trasladou ao Ministerio de Transportes un estudo do custo de aplicar os mesmos descontos da AP-9, o que suporía algo máis de 3,2M€, unha achega asequible ao aproveitar as partidas non executadas da bonificación da AP-9.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, detallou na Comisión 2ª do Parlamento que o Goberno de España deixou sen gastar 38 M€ dos 55 M€ de investimento previstos para as bonificacións da AP-9 nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021.
Segundo informou, a AP-9, tras a bonificación das peaxes, rexistra un custo medio por quilómetro de 6,12 céntimos, fronte ás autoestradas autonómicas, con 5,67 céntimos.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024