Transporte por estrada por clase de mercadoría e tipo de desprazamento
10 mai 2022
Segundo os datos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en 2021 transportáronse en España un total de 1.626 millóns de toneladas de mercadorías, coa seguinte distribución por clases:
- 34,3% son minerais e materiais de construción.
- 20,6% son máquinas, vehículos e obxectos manufacturados.
- 18,5% son produtos alimenticios e forraxes.
- 11,2% son produtos agrícolas e animais vivos.
- 15,6% son outras mercadorías.
Non obstante, se se consideran as toneladas-quilómetro, a clase con maior peso son as máquinas, vehículos e obxectos manufacturados (31,6%), seguida dos produtos alimenticios e forraxes (23,1%) e dos produtos agrícolas e animais vivos (17,2%).
Os datos do Ministerio sitúan o volume de mercadorías con orixe ou destino en Galicia en 110 millóns de toneladas, das cales 75 millóns (68,4%) corresponden a movementos intrarrexionais, 29 millóns (26,7%) a transporte interrexional e 5,4 millóns (4,9%) ao transporte internacional.
Respecto a 2020, o volume de mercadorías, con orixe ou destino en Galicia, transportada a nivel interrexional aumentou un 12,9% e o transportado internacionalmente medrou un 5,3%, mentres que as mercadorías movidas dentro das CC.AA. diminuíron lixeiramente un 3,7%.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024