Nova
Noticia
A Xunta impulsará mesas de diálogo permanente
28 mar 2022
A Xunta impulsará mesas de diálogo permanente entre transportistas e cargadores para facilitar o funcionamento harmónico e transparente da cadea loxística en Galicia.

Ethel Vázquez adianta o reforzo da Xunta arbitral de transportes e as mesas de diálogo para o seguimento das relacións entre cargadores, distribuidores e transportistas, iniciativa que debera estenderse tamén ao resto de España.

Explicou que pese aos avances dos últimos días, os problemas de fondo no sector do transporte non están solucionados, polo que trasladou a vontade da Xunta de desempeñar un papel de mediación activa que facilite a actividade do colectivo.

Neste sentido, remarcou que o Goberno galego vai axilizar e reforzar a Xunta arbitral de transportes para resolver de forma rápida os conflitos puntuais.

Ademais, adiantou o impulso desas mesas de diálogo permanente e transparente para o seguimento das relacións entre cargadores, distribuidores e transportistas co fin de facilitar o funcionamento harmónico e transparente da loxística en Galicia. Unha iniciativa, dixo, que debería facerse extensiva ao resto de España. Tratase, remarcou, de medidas demandadas polos transportistas para mellorar a situación actual.

O Goberno galego traballou estas semanas no consenso de medidas para mitigar no posible os danos, en moitos casos irreparables, do paro do transporte. Dese xeito, grazas á vontade de colaboración de moitos empresarios, acadáronse unhas garantías mínimas para o sector primario, o material sanitario e os servizos esenciais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/67406/xunta-impulsara-mesas-dialogo-permanente-entre-transportistas-cargadores-para