Cambios no transporte internacional con vehículos lixeiros
22 mar 2022
A partir do 21 de maio, as empresas que realicen transporte internacional dentro da Unión Europea con vehículos de entre 2,5 e 3,5 toneladas terán a obriga de dispor da licenza comunitaria e as correspondentes copias. Actualmente estas empresas contan con autorizacións habilitantes para realizar transporte público de mercadorías exclusivamente en vehículos que non superen as 3,5 toneladas de masa máxima autorizada, identificados no rexistro co código MDLE.
Con carácter xeral, para acceder á Licenza Comunitaria, a empresa solicitante deberá ser titular, polo menos, dunha autorización nacional de transporte público interno referida a un vehículo de máis de 3,5 toneladas de MMA inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades de Transporte; e que, polo menos unha das persoas que teña a xestión efectiva da empresa, acredite a competencia profesional necesaria para o transporte por estrada.
A partir do 21 de maio de 2022 será necesario que os vehículos cunha masa de carga autorizada superior a 2,5 toneladas dispoñan dunha autorización nacional de transporte público interno para poder realizar transporte internacional na Unión Europea.
As empresas que xa dispoñan de autorización de transporte MDP poderán solicitar copias dos vehículos lixeiros que realicen transporte internacional (entre 2,5 e 3,5 t).
Con carácter temporal e ata o 31 de decembro de 2022, as empresas que xa dispoñan dunha autorización MDL e deban realizar transporte internacional, poderán solicitar a licenza comunitaria e as súas correspondentes copias presentando xunto coa solicitude unha declaración responsable sobre o cumprimento do recollido no Regulamento (CE) 1072/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, polo que se establecen normas comúns para o acceso ao mercado internacional do transporte de mercadorías por estrada.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024