Mellora da sostibilidade no sector do transporte de mercadorías por estrada
14 mar 2022
O pasado 1 de marzo aprobouse o Real Decreto-lei que materializa o acordo alcanzado entre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma) e o Comité Nacional do Transporte por Estrada o 17 de decembro de 2021.
As medidas que se aprobaron son:
- A prohibición xeral do condutor de carga e descarga de mercadorías e apoios en vehículos de máis de 7,5 toneladas, agás no caso de determinadas mercadorías e situacións.
- A redución do tempo de espera a partir do cal o transportista terá dereito á indemnización durante a carga ou descarga, incluíndo unha previsión relacionada co cómputo da indemnización ao transportista polos danos ocasionados que impliquen a paralización do vehículo.
- A obrigatoria revisión do prezo do transporte en caso de variación do prezo do combustible desde o momento da contratación ata a efectiva finalización do transporte, vinculada ás tarifas publicadas na páxina web do Mitma.
- A incorporación do réxime sancionador vinculado ao cumprimento do paquete de mobilidade aprobado polo Regulamento comunitario en materia de tempos de condución e descanso e "retorno de vehículos a casa" cando se faga transporte internacional.
- O reforzo dos medios inspectores do Mitma con medios das Administracións Públicas para loitar contra a competencia desleal no sector.
- A creación dun Código de Boas Prácticas Comerciais na contratación do transporte terrestre de mercadorías e o establecemento dun Rexistro Estatal de empresas que o subscriban.
- A creación dunha norma para a certificación das zonas de carga e descarga en relación cos servizos e condicións ofrecidos aos transportistas profesionais.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024