Transformación do transporte cara un modelo máis sostible
09 mar 2022
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou o 25 de xaneiro o primeiro encontro virtual do 2022 do ciclo "FGE | Next Generation Galicia", o punto de encontro mensual establecido pola Fundación Galicia Europa entre a Xunta e a Comisión Europea que, nesta ocasión, estivo dedicado a abordar a Estratexia de mobilidade sostible e intelixente da UE, así como o conxunto de propostas lexislativas enmarcadas na mesma.
Gamallo resaltou o compromiso do Goberno galego cunha transición ecolóxica xusta e integradora, tal e como se recolle na batería de propostas presentadas ao Goberno central para a súa incorporación no Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia. Entre as propostas, o director destacou o proxecto "AutoÁncora", que ten por obxectivo crear un laboratorio de integración de tecnoloxías de propulsión limpa e construír unha infraestrutura para o desenvolvemento e a validación de vehículos de nova xeración.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE tamén representou a Galicia no 148º pleno do Comité Europeo das Rexións no que se debateron asuntos como a “Estratexia de mobilidade intelixente e sostible” da UE. O CdR está a preparar unha alianza de rexións cunha industria automobilística forte para demandar unha transición xusta para a súa man de obra.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024