Nova
Noticia
Convocatoria de subvencións para incentivar a contratación e a formación na empresa
19 feb 2022
O pasado 28 de xaneiro de 2022, no DOG núm. 19, a Consellería de Emprego e Igualdade publicou as ordes polas que se establecen as bases reguladoras e as respectivas convocatorias de subvencións para 2022, correspondentes a:
a) O Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria.
b) A promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas.

O Plan Galicia emprega de incentivos á contratación por conta allea, á formación e ao emprego conta con dous programas, o primeiro agrupa distintas liñas de incentivos á contratación e unha liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo e o segundo programa consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado de persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo.

A segunda Orde ten como finalidade promover a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas polas persoas autónomas ou persoas profesionais con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.