Nova
Noticia
Exames de xestor de transporte
19 feb 2022
Acábase de publicar a Resolución do Tribunal designado para cualificar a segunda convocatoria das probas de competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas por Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 11 de marzo de 2021.

O pasado 14 de febreiro rematou o prazo para que as persoas interesadas presenten solicitudes de revisión dos exercicios e o venres 18 publicouse a relación definitiva de aspirantes aptos, tanto para o sector de mercadorías como de viaxeiros.

Toda a información sobre as probas na web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, bloque de “Recursos” e apartado de “Convocatorias”.