Nova
Noticia
Entran en vigor novas normas europeas
03 feb 2022
O 2 de febreiro entran en vigor varias normas recollidas no Paquete de mobilidade europeo, entre as que sobresaen a necesidade de realizar declaración de desprazamento dos condutores por parte das empresas e a obrigatoriedade de rexistrar no tacógrafo os países que atravesan por parte dos condutores.

A Unión Europea deseñou e habilitou o portal www.postingdeclaration.eu para presentar as declaracións de desprazamento e os documentos que soliciten as autoridades dos Estados membros.

Os datos a declarar inclúen:
- A identidade do transportista (licenza comunitaria).
- Os datos de contacto do xestor de transporte ou outra persoa de contacto para o envío e recepción de documentos e notificacións.
- A identidade, o domicilio e o número de permiso de condución do condutor, así como datos do contrato de traballo.
- As datas de desprazamento e as matrículas dos vehículos.
- O tipo de servizo de transporte prestado.

Os condutores teñen que ter unha copia da declaración presentada, proba das operacións de transporte como a carta de porte electrónica (e-CMR) e os datos rexistrados do tacógrafo.

Os condutores teñen que rexistrar manualmente o cruce de fronteiras, introducindo no tacógrafo o símbolo do país no que entren despois de haber cruzado unha fronteira dun Estado membro.