Nova
Noticia
Gasóleo profesional
28 xan 2022
Os transportistas inscritos no Censo de beneficiarios de gasóleo profesional teñen a obriga de presentar a declaración de quilómetros anuais percorridos en 2021, polos vehículos censados.

Esta declaración deberá realizarse ante a Axencia Tributaria antes do 31 de marzo, que efectuará trimestralmente a devolución das cantidades correspondentes.

Os posibles beneficiarios son os posuidores de camións de máis de 7,5 toneladas de MMA, autobuses e taxis, que realizan o seu consumo mediante tarxetas de combustible para gasóleo profesional.

A cantidade a devolver en 2022 segue sendo de 4,9 céntimos de euro por litro.

En Galicia, o gasóleo pechou o ano nun prezo medio en decembro de 1,126 euros sen IVE, resultando un prezo final de 1,36 euros/litro.