Nova
Noticia
Nova convocatoria para obter o certificado de conselleiro de seguridade
07 set 2020
A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG a convocatoria dos exames para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

O 13 de setembro remata o prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas e os exames terán lugar en novembro previa publicación no DOG da data, horarios e medidas de seguridade sanitaria. As solicitudes achegaranse, preferiblemente, por vía electrónica a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o procedemento IF310A: https://sede.xunta.gal/

Os exames abranguerán as seguintes especialidades:
(a) Todas as clases. (b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos). (c) Clase 2 (gases). (d) Clase 7 (materias radioactivas). (e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada –ADR– e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas –RID–). (f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

A proba constará de dous exercicios, o primeiro consistirá en responder 50 preguntas tipo test e o segundo céntrase en supostos sobre as tarefas do conselleiro, con referencia ao ámbito do modo do transporte e á especialidade correspondente.