Nova convocatoria de axudas para a formación dos profesionais do transporte por estrada
29 dec 2021
A Xunta de Galicia incrementa nun 25% o investimento das axudas á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada, ás que se destinará un orzamento de 500.000 euros.
O obxectivo destas axudas é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial. Ademais inclúese a subvención de cursos para obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP). Tamén se promociona a realización de iniciativas de carácter formativo noutros ámbitos como a mellora no coñecemento de diferentes idiomas.
As entidades integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada poderán presentar as solicitudes, xunto co plan formativo correspondente, ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2022, conforme á orde de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia de 29 de decembro de 2021.
As entidades solicitantes deberán presentar un plan formativo que abranguerá a totalidade de cursos ou seminarios que pretendan realizar no ano 2022.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, con estes incentivos, xa posibilitou no 2020 e no 2021 a realización de 265 cursos, nos que participaron un total de 3.472 alumnos.
As persoas e entidades interesadas poden ampliar información nesta dirección:
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transporte-de-viaxeiros

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024