A COVID-19 pode afectar á condución, sen habela padecido.
28 ago 2020
A revista da DGT, na súa edición de xullo, recolle unha entrevista ao doutor Enrique Mirabet, da Sociedade Española de Medicina de Tráfico, na que se sinala que os tratamentos por COVID poden presentar efectos adversos para a condución e inclúen un artigo sobre os efectos ao volante relacionados con esta enfermidade.
Os condutores profesionais que padeceran COVID-19 deben valorar co seu médico de cabeceira a súa incorporación á actividade. En todo caso, deberán prestar atención a calquera alteración da saúde que poida condicionar a condución: fatiga, dolor muscular e articular, insuficiencia respiratoria, alteracións cognitivas, problemas de visión, mareos...
Aínda que non se padecera a enfermidade, as repercusións económicas, sociais ou familiares poden alterar a capacidade do condutor profesional, polo que deben estar atentos a aspectos como o estrés, a dificultade de concentración ou o insomnio.
E como calquera outro cidadán, o condutor profesional deberá prestar atención a determinados síntomas que poidan indicar que ten a COVID-19: febre, tose, dor de gorxa, ausencia de gusto, debilidade muscular, dificultade respiratoria aguda...

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024