A UE revisa os tempos de condución/descansos, e a utilización do tacógrafo
31 ago 2020
O 20 de agosto de 2020 entrou en vigor o Regulamento (UE) 2020/1054, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de xullo de 2020, polo que se modifica o Regulamento (CE) 561/2006, no relativo aos requisitos mínimos sobre os tempos de condución máximos diarios e semanais, as pausas mínimas e os períodos de descanso diarios e semanais, e o Regulamento 165/2014, no relativo ao posicionamento mediante tacógrafos.
A UE recalca que os tempos máximos de condución por día e por semana son eficaces para mellorar as condicións sociais dos condutores e a seguridade vial en xeral.
Este Regulamento fundaméntase nos principios de seguridade vial, claridade, proporcionalidade e coherencia da normativa, transparencia e previsibilidade na programación dos períodos de descanso, e a efectividade no control.
As principais novidades que se inclúen son:
- Flexibilidade de 1-2 horas no límite máximo de condución diaria ou semanal condicionado ao obxectivo de comezar co descanso semanal.
- Prohibición dos descansos semanais normais en cabina.
- Descansos semanais máis flexibles no transporte internacional.
- Regreso ao centro de traballo / lugar de residencia cada 3-4 semanas.
Ademais, no 2023 prevese dispor dunha segunda xeración de tacógrafos intelixentes e no 2025 ampliarase o período de comprobación dos tacógrafos, entre outros aspectos.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024