A cidadanía recoñece a importancia do transporte durante a crise sanitaria
28 ago 2020
Unha enquisa do instituto de sondaxe de opinión GAD3, elaborada para a Fundación Corell (www.fundacioncorell.es), mostra que o 97% da poboación española e o 100% da galega consideran que o sector do transporte de mercadorías por estrada tivo un papel fundamental e esencial durante a crise sanitaria, permitindo que o abastecemento e subministro de produtos básicos se producira con normalidade.
Tres de cada catro enquisados afirmaron que a imaxe e percepción dos transportistas e do sector do transporte mellorou a raíz do seu papel durante a crise sanitaria.
Entre os últimos logros do sector, os máis valorados son a fiabilidade e a puntualidade nas entregas, así como a aplicación de novas tecnoloxías para optimizar o fluxo de mercadorías.
O obxectivo desta análise era medir a repercusión da actuación do sector do transporte durante o confinamento, nun marco de importantes dificultades operativas e financieiras.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024