Nova
Noticia
Regulamento europeo sobre información electrónica no transporte de mercadorías
31 ago 2020
O pasado 31 de xullo de 2020 publicouse o Regulamento (UE) 2020/1056 do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de xullo de 2020, sobre información electrónica relativa ao transporte de mercadorías (Texto pertinente a efectos do EEE).

Este regulamento establece un marco xurídico uniforme a escala da UE para que os operadores de transporte intercambien en formato electrónico a información relevante en materia de transporte de mercadorías legalmente esixida.
O uso de medios electrónicos para o intercambio da información regulamentaria aumentará a eficiencia das autoridades competentes, optimizará os custos administrativos dos operadores económicos e reducirá os tempos de espera durante as inspeccións.

A Comisión Europea definirá as especificacións técnicas das plataformas electrónicas para realizar este intercambio de información en 2022, que terán que desenvolver os Estados membros co propósito de que os operadores de transporte poidan empregalas a partires de agosto de 2024.