Nova
Noticia
Sancións por exceso de tempos de condución
07 dec 2021
O pasado mes de outubro realizouse, a nivel europeo, a campaña especial de vixilancia “Operation Truck&Bus”, levada a cabo en España a través da Agrupación de Tráfico da Guardia Civil.

No marco desta operación denunciáronse 2.545 condutores de camións e 48 condutores de autobuses, inmobilizándose un total de 31 camións.

A metade das infraccións a condutores estiveron motivadas por exceso de horas de condución, pero rexistráronse tamén infraccións relacionadas co tacógrafo, exceso de peso, velocidade superior á permitida, á inspección técnica do vehículos e outras irregularidades administrativas. Nesta campaña tamén se detectaron 6 positivos en alcohol e 13 positivos en drogas.