Nova limpeza nas marxes das estradas autonómicas de Galicia
22 out 2021
A Xunta de Galicia comezou o luns 18 de outubro novas tarefas de limpeza nas marxes das estradas autonómicas, comezándose pola AC-552 no termo municipal de Vimianzo, na LU-540 ao seu paso polos municipios de Muras e de Xermade, e na estrada OU-402, nos termos municipais de Ourense, de Barbadás e de Castrelo de Miño.
Estas actuacións, que se realizan a través da encomenda a Seaga, completan as que a Xunta realiza ao longo do ano mediante os servizos ordinarios de conservación de estradas. Así, impúlsase a roza de vexetación de dominio público das estradas autonómicas e o apoio aos labores de conservación de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.
As tarefas contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.
O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados eliminarán árbores que poderían caer á estrada en caso de temporal e evitarán que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Ademais, serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da estrada animais como xabarís ou corzos.
Con estes traballos tamén se dá cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2019, polo que se insta ás administracións públicas a impulsar unha redución progresiva do uso de herbicidas nas marxes das estradas.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas da súa competencia. Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade leva investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024