Axudas para a adquisición de vehículos eléctricos e puntos de recarga
20 set 2021
A Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as axudas para adquisición de vehículos eléctricos e a implantación de infraestruturas de recarga, no marco do programa Moves III.
Este programa está dirixido, entre outros, a empresas, que poderán formalizar a súa petición ata o 31 de decembro de 2023. Trátase dunha convocatoria de concorrencia non competitiva, polo que as axudas concederanse por orde de chegada. Estas solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras adheridas: concesionarios, no caso de adquisición de automóbiles, e instaladores de baixa tensión para a implantación de infraestruturas de recarga.
Esta convocatoria do Moves inclúe dúas liñas:
a) Vehículos:
A primeira delas ten como obxectivo fomentar a adquisición de vehículos eléctricos, híbridos enchufables ou de pila de combustible. Neste caso, as axudas oscilarán entre os 700 e os 9000 euros por automóbil en función do tipo de solicitante, características do vehículo ou uso, entre outras cuestións. Así, a compra de motocicletas e cuadriciclos apoiarase con axudas de ata 2000 euros; os turismos recibirán ata 7000 euros; e as furgonetas poden chegar aos 9000 euros. Os particulares só poderán dispoñer de apoios para a compra dun vehículo, mentres que o resto de beneficiarios –entre os que se encontran autónomos e pemes– poden solicitar ata 50 por ano –fronte os 30 de límite na anterior edición–.
b) Puntos de recarga:
A segunda liña do Moves III diríxese á implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, con axudas de entre o 30% e o 80% do custo subvencionable en función do tipo de solicitante, potencia, ou localización en concellos de menos de 5000 habitantes. Deste xeito, a axuda máxima duplícase con respecto a anteriores convocatorias, onde era do 40%.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024