Nova
Noticia
A mobilidade sostible require de infraestruturas para o seu desenvolvemento
27 set 2021
A nivel europeo, o proxecto piloto ECOGATE ten como obxectivo mellorar o mercado dos vehículos de gas natural convencionais e renovables en todo o Corredor Atlántico (Portugal, España e Francia), o Corredor Mar do Norte-Mediterráneo (Francia) e o Corredor Mediterráneo Español (España) a través de novas tecnoloxías e solucións innovadoras para o subministro de servizos loxísticos, combustibles máis limpos, infraestruturas de repostaxe...

En España existe, actualmente, 185 puntos de repostaxe de gas natural operativos (e 24 en Portugal). Na web de GASNAM pódense consultar as estacións públicas de GNC e GNL, operativas e en construción.

Desde 2013, derivado do Plan nacional de calidade do aire, os vehículos máis respectuosos co medio ambiente ten unha discriminación positiva a través de catro distintivos medioambientais. A etiqueta medioambiental ECO está dirixida a tusimos e comerciais lixeiros propulsados por GNC e vehículos híbridos no enchufables; así como para vehículos de transporte de mercadorías propulsados por GNC ou GNL, e para calquera vehículo EURO 6/VI.