Impulso ás plataformas de venda online de produtos agroalimentarios
31 ago 2021
A Xunta de Galicia abre unha nova liña de axudas con 800.000 euros para impulsar as plataformas de venda online de produtos agroalimentarios no rural galego, destinada a concellos de menos de dez mil habitantes, federacións de comerciantes e Grupos de Desenvolvemento Rural.
O obxectivo é impulsar accións de promoción comercial e de acceso a canles de venda a través da creación e lanzamento de plataformas de marketplace (catálogos, tendas e pagos online, xestión de pedidos, posicionamento SEO, accións de marketing...) para produtos agroalimentarios no medio rural, co fin de darlles unha proxección de venda para adaptarse á nova demanda e perfil do consumidor.
Estes espazos supoñen un gran escaparate para o sector primario, o que axuda a revitalizar as zonas rurais e conseguir vendas que contribúan ao desenvolvemento, dinamización, expansión e competitividade; ao tempo que supón unha oportunidade para gañar visibilidade e dinamizar a economía local.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024