Nova
Noticia
A cadea de subministro apoia o Documento Electrónico de Transporte
31 xul 2020
Conforme se recolle na Plataforma Online del Transporte de Mercancías por Carretera (NEXOTRANS), a semana pasada celebrouse a cuarta reunión do grupo de traballo constituído para analizar a situación da dixitalización do transporte de mercadorías en España e deseñar as accións necesarias para potenciar o uso da documentación electrónica.
Este grupo de traballo está formado por once asociacións da cadea de subministro, cinco autoridades portuarias e dez plataformas tecnolóxicas, representando a máis de 300.000 empresas.
A través dun comunicado explican a importancia das solucións dixitais na cadea loxística, non só en termos de xeneralización do uso de ferramentas tecnolóxicas, senón tamén aportando vantaxes nos custos, a eficiencia, a seguridade do transporte e a loxística, e a transparencia na xestión do transporte de mercadorías.
O grupo tamén abordou os efectos da inspección en estrada, a integración do DET nos sistemas de xestión das Peme e a formación específica nestes ámbitos.