Nova
Noticia
Axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia
02 ago 2021
A Xunta outorga axudas a 7 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, cun investimento de 400.000 euros, co obxectivo de mellorar as capacidades do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial.

O pasado 13 de xullo de 2021, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade fixo pública a resolución coa listaxe das asociacións, integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada, ás que se lle concederon estas axudas, correspondentes coa convocatoria do ano 2021. No seguinte enlace ao Diario Oficial de Galicia (DOG) poden consultarse as subvencións concedidas a cada unha destas entidades: https://xurl.es/203m6

As entidades beneficiarias teñen ata o vindeiro día 2 de novembro de 2021 para presentar a documentación xustificativa das accións formativas realizadas ao abeiro desta nova convocatoria.