Nova
Noticia
Maior dixitalización do transporte por estrada
05 xul 2021
O sector do transporte de mercadorías xera e manexa unha cantidade de información que xa se pode medir en zettabytes de datos e require de instrumentos tecnolóxicos para o seu uso seguro cumprindo as distintas normativas. Neste eido é necesario un marco harmonizado e legalmente vinculante para garantir a axeitada xestión dos mesmos.

O uso de ferramentas dixitais para o comercio e o tránsito de mercadorías facilitará a recuperación económica, xerando novas oportunidades loxísticas e empresariais.

A dixitalización, tanto da información relacionada coa mercancía como a relacionada cos propios vehículos (mantementos, reparacións...), é fundamental para optimizar custos e garantir a eficiencia e a seguridade nas estradas.

Con este fin estanse desenvolvendo procesos e aplicacións para incrementar a produtividade no sector do transporte en ámbitos como a monitorización e optimización de rutas, o rexistro automático e telemático da actividade, ou a seguridade vial.