Novos sistemas intelixentes nos vehículos a partires de 2022
08 xul 2021
A Unión Europea estableceu, no seu programa Europa on the Move (2019), que todos os turismos, vehículos comerciais, autobuses e camións deben incorporar un conxunto de sistemas de seguridade intelixentes para ser aprobados.
Este programa europeo ten como obxectivo reducir o número de vítimas mortais nas estradas europeas, mediante a introdución de asistentes electrónicos que aumentan a seguridade do tráfico.
Os sistemas obrigatorios para furgonetas, autobuses e camións son, entre outros:
a) Sistema de velocidade intelixente, que recoñece a velocidade máxima permitida na estrada, avisa ao condutor de que a supera e dificulta a súa superación.
b) Sistema de detección de somnolencia, que avisa se detecta que o condutor non está en estado de alerta.
c) Sistema de saída de carril, que alerta dun desprazamento do camiño que pisa a liña delimitadora de carril sen ter indicado o movemento. Este aviso será óptico, acústico e con vibracións.
d) Sistema de detección de obstáculos, que avisa ou evita unha colisión inminente ao detectar outro obxecto a certa distancia.
e) Activación automática das luces de perigo cando o vehículo diminúe a velocidade.
f) Caixa negra ou rexistro de datos do vehículo, que van desde a velocidade, a activación de dispositivos de seguridade...

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024