Nova
Noticia
As alerxias aumentan nun 30% o risco de accidente
30 abr 2021
Conducir con alerxia pode aumentar un 30% o risco de sufrir un accidente durante o traxecto, segundo un estudo da plataforma acierto.com recollido pola revista da Dirección Xeral de Tráfico.

Sufrir un pico de alerxia ao volante (con repetición de esbirros, ollos chorosos e constante moqueo) diminúe a atención que se presta á estrada provocando unha condución “a cegas”. A irritación e as bágoas aumentan a sensibilidade ás luces e o sol, e a sensación de fatiga afecta tamén á visión.

Os consellos sinalados son:
- Manter as xanelas pechadas, empregar filtros para o aire acondicionado e cambialos coa frecuencia recomendada.
- Coidar a limpeza do vehículo porque o po contén ácaros, causa de moitas alerxias.
- Utilizar gafas de sol axuda a reducir as bágoas.
- Cambiarse de roupa (si estivemos no exterior) e lavarse a cara e os ollos antes de saír nunha viaxe longa.
- Evitar conducir por zonas con moita concentración de pole (si é posible) e intentar non conducir nin ao amencer nin ao anoitecer (hai máis pole).
- Consultar cun alergólogo e outros especialistas e evitar a automedicación.
- Non consumir alcohol porque pode potenciar os efectos adversos dalgúns medicamentos indicados para as alerxias.
- Non fumar dentro do vehículo para non agravar os síntomas.

Débese consultar os niveis de pole na web da Rede Española de Alergoloxía, especialmente en desprazamentos por distintas provincias e rexións.