Premios Matilde Ucelay
30 abr 2021
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) ven de publicar as bases (BOE núm. 57, de 8 de marzo) e a convocatoria (BOE núm 84, de 8 de abril) dos Premios Matilde Ucelay para 2021.
O obxecto destes premios é recoñecer publicamente a labor de persoas ou entidades que participaron de maneira destacada no avance cara unha sociedade máis inclusiva e equitativa no sector dos transportes, a mobilidade e o urbanismo.
Os galardóns, con esta denominación, tamén queren render homenaxe á primeira muller arquitecta de España, Matilde Ucelay Maortúa, que obtivo o título no ano 1936 e que, pese ás enormes dificultades ás que tivo que enfrontarse, desenvolveu a súa carreira durante máis de 40 anos, obtendo no ano 2004 o Premio Nacional de Arquitectura en recoñecemento á súa “traxectoria excepcional”.
Os premios comprenden as categorías de traxectoria persoal, proxecto e entidade; valorándose tanto as actuacións ou as labores desenvoltas no logro da igualdade entre homes e mulleres, como o impacto social e a súa repercusión.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024