Aberto o prazo de inscrición nas probas de competencia profesional para xestor de transporte
31 mar 2021
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 23 de marzo a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pola que se convocan as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada.
En 2021, estas probas obrigatorias de competencia profesional, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, prevé dúas quendas de exames, a primeira das cales se fixa entre o 17 de abril e o 27 de xuño, mentres a segunda entre o 2 de outubro e o 19 de decembro.
Os interesados en participar na primeira convocatoria teñen un mes de prazo para presentar a súa solicitude, que conta desde o día seguinte ao da publicación da citada resolución. As solicitudes de inscrición tense que presentar a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
O número de convocatorias e o calendario dos exames serán publicados no DOG cunha antelación mínima de 15 días naturais á data elixida, podendo ser modificados en función da evolución da situación sanitaria derivada da covid-19.
No seguinte enlace ao DOG poden consultarse todos os requisitos que deben cumprir os interesados: https://xurl.es/x94k3

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024