Oficina técnica para dar soporte ás actuacións do proxecto AutoAncora
31 mar 2021
A Xunta de Galicia, a través do Igape e en colaboración co Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, pon en marcha unha oficina para ofrecer asistencia ás empresas na preparación dos proxectos para a súa presentación ás distintas convocatorias dos fondos europeos Next Generation, proporcionándolles apoio tanto na xestión técnica como na administrativa dos fondos de recuperación captados, e realizando unha avaliación continua do impacto xerado polos investimentos.
A Xunta de Galicia apoiará distintos proxectos do sector da automoción no eido da mobilidade sustentable e automatizada presentados ás Manifestacións de Interese, como a iniciativa impulsada por Aclunaga relativa á mobilidade eléctrica, colaboracións entre o CTAG e outros centros, etc.
AutoAncora é un proxecto sectorial que aposta pola transformación dixital e ecolóxica da automoción, por optimizar os fluxos loxísticos, por aumentar a capacitación dos profesionais, por desenvolver as tecnoloxías do vehículo do futuro (conectado, autónomo e eficiente) e por crear un laboratorio dedicado á propulsión limpa.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024