Nova convocatoria de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada
29 mar 2021
Un ano máis, a Xunta de Galicia publica a convocatoria de axudas para a realización de formación de interese público para o sector do transporte por estrada en Galicia, por un importe total de 400.000 euros.
Estas axudas están dirixidas ás asociacións profesionais de transportistas e de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte (ou federación destas).
As entidades solicitantes deberán presentar un sinxelo plan formativo que abarque todos os cursos que pretendan desenvolver durante o ano 2021. As acción formativas deberán adecuarse á relación básica de cursos e .a guía de referencia que establece a Dirección Xeral de Mobilidade.
O prazo de presentación é dun mes desde o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG. Núm. 48, de 11 de marzo de 2021.).
Os interesados teñen a distinta documentación no apartado de axudas e subvencións da área de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024