10 programas de fomento da mobilidade sostible e modernización do transporte
08 mar 2021
A Xunta ven de presentar 10 programas de fomento da mobilidade sostible e modernización do transporte para investir 400 millóns de fondos europeos de recuperación con 2.300 empregos asociados.
As actuacións perseguen dotar ás cidades galegas de infraestruturas que as fagan máis limpas, máis humanas e máis transitables, con aparcadoiros disuasorios ou os carrís VAO, como os que se propón entre A Coruña e Arteixo.
O Goberno galego quere reforzar a competitividade do transporte mellorando os accesos ao Porto Seco de Monforte, a San Cibrao das Viñas, ao polígono da Granxa, no Porriño, e ao parque empresarial da Veigadaña, en Mos.
Os proxectos agrúpanse arredor de cinco grandes obxectivos:
a) Mellorar a competitividade e seguridade do transporte de mercadorías.
b) Garantir a xestión dixital do transporte público.
c) Priorizar o transporte público nos ámbitos urbanos e metropolitanos.
d) Facilitar os desprazamentos non motorizados en todos os ámbitos.
e) Ofrecer alternativas de mobilidade permanente.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024