Ferramentas tecnolóxicas de xestión
22 mar 2024
A constante evolución nos requirimentos legais esixe ás empresas dispoñer de ferramentas tecnolóxicas para a xestión interna, que permita o aforro de tempo e custos de xestión, así como optimizar os procesos e traballos, que redundará nunha maior produtividade da compañía.
Os novos sistemas dixitais de xestión permiten ter unha observación de 360º, observando o rendemento dos distintos activos en directo e permitindo a resolución de incidencias e a redución de inactividade no menor tempo posibles.
Estes sistemas alcanzan a xestión dos plans de mantemento dos vehículos, con especial atención á prevención de avarías que poidan limitar ou paralizar o vehículo, así como software para mellorar a seguridade do transporte no propio vehículo.
O programa de incentivos ligados á modernización de empresas privadas de transporte de viaxeiros prestadoras de servizos de transporte por estrada e de empresas privadas que interveñen no transporte de mercadorías por estrada abarca 9 categorías de solucións de modernización subvencionables:
- Categoría 1: Xestión de documentos de control electrónicos.
- Categoría 2: Sistema de tacógrafo intelixente de segunda xeración.
- Categoría 3: Integración de documentos de control electrónicos nos sistemas de xestión.
- Categoría 4: Implantación de sistemas TMS/ERP.
- Categoría 5: Implantación de sistemas SAE.
- Categoría 6: Actualización de sistemas SAE.
- Categoría 7: Axudas aos servizos de transporte de viaxeiros.
- Categoría 8: Implantación de aplicacións para reclamacións por medios electrónicos.
- Categoría 9: Mellora de sistemas de ticketing.
Pódese acceder a toda a información deste programa en:
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/recursos/axudas-subvencions?content=axuda_0013.html

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024