Nova
Noticia
Restricións aos camións para 2024 en España
07 mar 2024
O Boletín Oficial do Estado do pasado 31 de xaneiro recolle a Resolución do 24 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Tráfico, pola que se establecen medidas especiais de regulación de tráfico para o ano 2024.

As restricións de circulación máis xenéricas son as relativas con:
• Probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos.
• Vehículos de transporte de mercadorías, con particularidades por calendario e tramo de vía, tipoloxía de mercadoría, itinerario….
• Vehículos especiais.
• Carrís reservados para determinados vehículos.
• Fenómenos meteorolóxicos adversos.

Estas restricións teñen exencións en determinados casos, como:
• Transporte de gando vivo.
• Transporte de mercadorías perecedoiras.
• Transporte postal.
• Vehículos de auxilio nas vías públicas.

En caso de restricións, os vehículos ou servizos exentos deberán realizar itinerarios coa mínima distancia posible, evitar os núcleos urbanos…

Toda a información no BOE: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2024-1773