A Xunta adxudica a preparación da Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028
22 dec 2020
A Xunta de Galicia completou o proceso de contratación da asistencia técnica para a análise e planificación das infraestruturas para a Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028. O proceso contou coa participación dun total de 5 empresas, resultando adxudicataria a UTE formada polas enxeñarías Teirlog e Iceacsa.
A Estratexia Loxística de Galicia, complementaria da Estratexia Galega de Mobilidade, permitirá potenciar as infraestruturas e o transporte de mercadorías no territorio galego, en tempos e condicións competitivas, no marco dunha economía globalizada, contribuíndo á cohesión territorial de Galicia e a minimizar o efecto da súa posición periférica posicionándose como porto da fachada atlántica.
A análise dos fluxos principais do transporte de mercadorías por estrada e o estudo das sinerxías, compatibilidades, ámbitos de mercado e complementariedade permitirán mellorar a competitividade do sector en Galicia.
Esta estratexia abordará a planificación axeitada das infraestruturas prioritarias para a competitividade do Corredor Atlántico de Mercadorías, para facilitar o acceso a fondos europeos que permitan modernizar este trazado na comunidade autónoma galega, así como proxectos estratéxicos como a Saída Sur de Vigo e a conexión ferroviaria do Porto de Langosteira, entre outros.
Trátase, en definitiva, de definir un conxunto de actuacións precisas para garantir a competitividade da rede ferroviaria de mercadorías e para estender ao conxunto de Galicia as potencialidades do Corredor Atlántico a través dunha acción intermodal e capilar.

Últimas novas
03 abr 2024
01 abr 2024
27 mar 2024
26 mar 2024
26 mar 2024