Nova
Noticia
A Xunta baixará as peaxes de varios treitos das autoestradas autonómicas
22 dec 2020
A Xunta de Galicia baixará en 2021 o prezo das peaxes de varios treitos das autoestradas autonómicas e manterá estable o prezo do resto, polo que as autoestradas A Coruña – Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) continuarán entre as máis baratas de España.

A baixada afectará aos vehículos pesados de tipo 1 nos treitos Vigo-A Ramallosa e Vigo-Baiona da AG-57 e no treito Paiosaco – A Laracha da AG-55, así como aos vehículos pesados de tipo 2 en distintos treitos de ambas vías.

No ano 2021 comezaranse a aplicar as bonificacións a usuarios que pertenza a familias numerosas e seguirase co réxime de bonificacións para usuarios frecuentes con ida e volta no mesmo día (25% na primeira viaxe de volta e 50% nas seguintes) e para viaxes en horario nocturno (50% nas viaxes realizadas entre as doce da noite e as 6 da maña), sempre que o pago se faga con sistema de telepeaxe.